O programa ConCiencia, da USC e o Consorcio de Santiago, segue a consolidar o seu prestixio e a súa condición de referente na proxección pública da ciencia, circunstancia sinalada por varios participantes de edicións anteriores.
Entre os obxectivos desta iniciativa, cabe destacar:
- A divulgación científica a cargo de Premios Nobel ou equivalente
- Proxecta-la imaxe da Cidade de Santiago de Compostela como foco universal do pensamento
- Servir de ponte para o reforzamento de contactos científicos entre líderes da máxima relevancia científica mundial e o corpo de investigadores da USC
Estas bases diferencian o programa ConCiencia de calquera outra iniciativa de divulgación científica, posto que buscan, á marxe da clásica conferencia ou acto puntual, a rendibilización da visita destes Premios Nobel favorecendo o seu contacto con especialistas locais.
Visitantes do programa ConCiencia
Premio Fonseca
Novas relacionadas
“A arquitectura fortalece a actividade social da comunidade”
David Chipperfield, premio Pritzker 2023, reflexiona no programa ConCiencia sobre como influíu o progreso construtivo dos últimos anos no territorio e reivindica un modelo sostible no que “talvez Galicia teña moito que ensinar”
Ler máisConCiencia estreará en Compostela da man da Fundación Pritzker o documental oficial do Premio Pritzker de Arquitectura 2023 a David Chipperfield
A capital de Galicia súmase deste xeito a Londres, Berlín, Venecia, Seúl, Shanghái e Nova York, as únicas cidades que albergarán esta estrea mundial
Ler máisDavid Chipperfield, Premio Pritzker 2023, visitará Compostela o 8 de novembro no marco do Programa ConCiencia
O Centro Galego de Arte Contemporánea acollerá un encontro aberto do galardoado coa cidadanía
Ler máisOs Premios da Cultura Galega recoñeceron o Programa ConCiencia e a traxectoria do profesor Manuel González
Os Cursos Universitarios Internacionais ‘Música en Compostela’ nos que tamén participa a USC foron premiados por contribuír ao coñecemento das persoas autoras e da música no exterior
Ler máisStanley Whittingham, Nobel de Química 2019: “temos que avanzar cara a unha perspectiva enerxética limpa e sostible”
“Chegou a hora de deixar de falar e facer que ocorra”, afirmou na súa visita á USC no marco do programa de divulgación científica ConCiencia
Ler máisStanley Whittingham abordará no programa ConCiencia os fenómenos meteorolóxicos extremos globais
O relatorio do Premio Nobel de Química 2019 desenvolverase este xoves 17, ás 19.30 horas
Ler máisM. Stanley Whittingham, Nobel de Química 2019, visita a USC a vindeira semana no marco do programa ConCiencia
Pronunciará o relatorio titulado ‘Os desafíos que enfrontamos para abordar os fenómenos meteorolóxicos extremos globais’ o vindeiro xoves, 17 de novembro, ás 19.30 horas
Ler máis