O sábado 17 de decembro a Real Academia Galega de Belas Artes celebrará Sesión Extraordinaria pública ás 12:30 horas no Museo de Belas Artes da Coruña (Zalaeta, 2. A Coruña) para a recepción do académico de número electo de Arquitectura, don Felipe Pena Pereda, quen pronunciará o seu discurso de ingreso baixo o título “A mirada errante”.
O recipiendario será contestado, en nome da a Corporación, por don Xose Manuel Casabella López, membro de número da Sección de Arquitectura.
O señor Pena Pereda, previa votación regulamentaria, resultou elixido membro de Número da Real Academia Galega de Belas Artes, na Sesión Ordinaria celebrada o día 27 de novembro de 2021 cubrindo a praza vacante por falecemento de don Antonio Tenreiro Brochón á que corresponde a Medalla número 21.