Escoitar

O Concello investirá 5 millóns en asfaltados no rural e no centro no primeiro semestre de 2015

Nos seis primeiros meses de 2015, o goberno local acometerá un plan de asfaltados por valor de 5 millóns de euros con obras espalladas por toda a cidade. Tal e como explicou en rolda de prensa o concelleiro responsable de Fomento, David Regades, 900.000 euros serán investidos no centro de Vigo e o resto do orzamento será para mellorar o firme nas parroquias.

mércores, 7 xan 2015
1420636300regades.JPG
O concelleiro de Fomento, David Regades, avanzou hoxe mércores o inicio dun plan de asfaltados no que se investirán 5 millóns de euros no primeiro semestre de 2015. 900.000 euros serán para actuacións no centro, mentres que o resto investirase no conxunto das parroquias da cidade. Tal e como precisou, unha parte destes traballos correrá a cargo de persoal do taller do Concello (o equivalente a 2 millóns de euros), mentres que o resto será contratado. Este "ambicioso" plan, explicou Regades, permitirá, non só manter os viais en bo estado, senón tamén seguir coas políticas keinesianas e, polo tanto, coa xeración de emprego.

O reforzo da capa de rodadura no centro realizaráse nas seguintes rúas: Buenos Aires, Antón Beiras, Alvaro Cunqueiro, Baixada a Pontillón, Puerto Rico, Padre Feijóo, Martínez Garrido, Cañiza, Manolo Martínez, José Mato, Luis Seoane, San Xoán de Deus, Lepanto, México, Progreso e República Argentina. Respecto das parroquias, os traballos a realizar serán os seguintes: Sárdoma (Freixo, Miraflores, Marco); Castrelos (Camiño Telleira); Beade (Camiño Casmarcelo, Brea e Outeiro); Valladares (Pinguela e Gándara); Salgueira (Carballo e Coutadas); Candeán (Monte Pequeno e Devesa); Cabral (Fontiñas, Bosque e Ameal); Lavadores (Barreiro, Brea, Pepe Castro); Teis (Paraixal e Doña Fermina); Alcabre (Millareira); Coruxo (Viño e Monte do Gato); Oia (Pedreira), Sampaio (Pardavila, Areeiro, Roteas de Abaixo); San Xoán do Monte (Redomeira); Navia (Bravo); Matamá (Roupeiro e Balsa); Comesaña (Cañiza e Matamá) e, por último, Bembrive (Areeiro).
Descargar todas as imaxes